O concello de Ribadavia vive esta fin de semana a sua festa máis singular. A XXXV Edición da Festa da Istoria que é posible grazas ós vontarios e persoas que durante todo o ano colaboran na sua organización.
Os festexos comezan este venres e inclúen o concerto do gaiteiro Budiño e un espectáculo de pirotécnia. O sábado é do día grande co desfile dos diferentes personaxes participantes, ademáis da voda xudea, o xadrez, o baile medieval, a loita de cabaleiros, o torneo, o espectáculo de fogo e acrobacia ou o de cetreiría. Haberá tamén postos de comida e como moeda oficial voltará a circular o maravedí (10 euros cámbianse por 9 maravedís). É recomendable asistir vestido de época.
A mostra de artesáns vai a prolongarse ata o domingo.