As rúas da cidade de Ourense acollen este domingo a XXXVIII Edición do Día da Bici que arrancará ás 12 do mediodía da Alameda e discorrerá por un percorrido de 11 kilómetros aptos para tóda-las idades.
A cita co deporte das dúas rodas comezou en 1984 e soamente faltou á cita durante a pandemia.
O promotor do evento e presidente da Fundación Ado Moure, Carlos Moure lembrou que a data serve para que "milleiros de cidadáns reclamen respeto para os usuarios das bicicletas e ao mesmo tempo os máis pequenos poidan gozar dun día ó ano sen coches polas rúas durante unhas horas.
O circuíto afecta a 15 rúas e percorre prácticamente tódolos barrios.