O conductor e único atrapado dunha furgoneta matrícula de Polonia foi evacuado para ser atendido anque as suas feridas non revisten gravidade, despois de saírse da vía e precipitarse por un desnivel esta mañá á altura do termo municipal de Carballeda de Avia (Ourense).
O sinistro vial tivo lugar ás 8.40 deste luns na autovía A-52, no kilómetro 256 en sentido a Porriño.
De momento descoñécense as causas da saída de vía.