Satse

Satse recolleu en Ourense máis de 4000 sinaturas para a ILP

O sindicato asegura que Ourense ainda está moi lonxe da media europea na ratio de enfermeiras por habitante

ondacero.es

Ourense | (Publicado 07.02.2019 14:07 )

EL SATSE CUESTIONA A LA COMISIÓN DE VALORACIÓN | ONDA CERO GRANADA

O sindicato de enfermería Satse regresou ás ruas de Ourense para recoller sinaturas de apoio cidadán á iniciativa lexislativa popular (ILP) que busca garantir por lei un número máximo de pacientes por cada enfermeira ou enfermeiro e ofrecer así unha atención sanitaria máis segura e de calidade tanto en hospitais coma en centros de saude.

O sindicato asegura que Ourense ainda está moi lonxe da media europea na ratio de enfermeiras por habitante. A campaña arrancou hai uns meses e ainda poderá asinarse ate a primavera. En ourense según a responsable en Ourense de Satse Pilar Oviedo "está a haber moi boa resposta por parte da cidadanía con máis de 4000 sinaturas recollidas". (Son precisas 600.000 de todo o estado)

Dende o sindicato de enfermería de Ourense fan un chamamento á cidadanía a sumarse á manifestación que o vindeiro domingo ás 12 se celebrará en Compostela convocada pola plataforma sos sanidade pública.