A secretaria xeral dos socialistas na cidade de Ourense, Natalia González, presentou a programación a desenvolver no 2025 na sua asamblea ordinaria, reivindicando unha maior aproximación á militancia, ás institucións e á formación en diversos eidos.
González Benéitez declarou que seguirán traballando reeditando a iniciativa "Diálogos con Raíz" sobre Benestar Social e Sanidade a celebrar en xaneiro e implicándose nos procesos de renovación orgánica nacional e provincial.
Explicou así mesmo que a liberdade de información non se reivindicou soamente cunha iniciativa plenaria, senón que foron enviados arredor de 125 comunicacións de prensa sobre a actividade da agrupación local e do grupo municipal, realizándose varias comparecencias públicas nun exercicio contínuo de transparencia cara a cidadanía.