Non houbo acordo entre PSOE, PP e BNG para desatascar a posibilidade dunha moción de censura contra Pérez Jácome en Ourense.
Os nacionalistas chegaron a reunión e entregaron un escrito para a moción de censura coa necesaria sinatura dun dos seus edís, pero insisten en que o Alcalde ou Alcaldesa debe ser socialista, anque non rexeitarían un goberno de coalición entre socialistas e populares.
Acto seguido abandonaron a reunión e anunciaron que non voltarán a reunirse ata que non esté asinada a moción.
Os populares expresaron seu malestar por este comportamento e por que os nacionalistas non se aveñan a negociar sobre que puntos pivotaría o goberno. Algo no que tamén insistiron os socialistas que por outro lado quixeron ser os máis optimistas ofrecéndose e liderar un futuro goberno de coalición. Claro que tamén o fixeron os populares.
Para a popular Noelia Pérez ó BNG non lle interesa un compromiso programático.
E a socialista Natalia González foi a máis optimista postulando a seu partido (tamén o fixo o PP) para liderar un hipotético goberno alternativo a Jácome e animando ós nacionalistas a avanzar no desbloqueo da situación.
A partires de agora non haberá máis reunións ata que as diferentes formacións se pronuncien públicamente.