Sanidade

Sergas acorda o traslado provisional de servizos do Materno-Infantil

Consecuencia da caída de falsos teitos

Paco Sarria

Ourense |

Complexo Hospitalario de Ourense
CHUO | Sergas

Tra-la caída dun falso teito por segunda vez con poucas semanas de diferencia e unha protesta onte de personal e usuarias o Servicio Galego de Saúde anunciou que reubicará a zona de hospitalización e paritorios do hospital materno infantil para facilitar a revisión completa da zona.

Este cambio requerirá dunha reorganización de espazos no conxunto do Complexo Hospitalario Ourensán.

Lembran asemade que tódolos servizos do Materno Infantil serán reubicados no edificio de hospitalización que está en execución, unha vez rematado este.