Sergas

Condenan o Sergas a pagar 40.000€ a familia dun paciente

O home fora derivado ao seu domicilio por unha caída que lle provocou mazaduras na testa e non foi atendido no hospital ate dous días mais tarde.A sección primeira da sala do contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, non aceptou a petición da familia de incrementar as cuantías da indemnización ao considerar correcto o baremo.

ondacero.es

Madrid |

CHOU | Onda Cero

Unha sentencia condea ao Sergas a pagar 40.000 euros á familia dun home de 88 anos que falecera en 2015 tras non ser derivado dende o punto de atención continuada do Carballiño ao servizo de emerxencias do hospital de Ourense. O home fora derivado ao seu domicilio por unha caída que lle provocou mazaduras na testa e non foi atendido no hospital ate dous días mais tarde. Según o fallo do tribunal galego “non resulta indiferente ter a posibilidade de recibir atención médica permanente no hospital durante esas 48 horas, coa posibilidade de administración de medicación que cohíbe a acción das plaquetas, que permanecer no domicilio cunha hemorraxia interna”.

A sección primeira da sala do contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, non aceptou a petición da familia de incrementar as cuantías da indemnización ao considerar correcto o baremo.