Ourense Cidade

O servizo de axuda a domicilio do Concello de Ourense en risco

O contrato remata definitivamente o 3 de abril de 2019, sin que se sepa o estado de situación dos pliegos para unha nova concesión

ondacero.es

Ourense |

pedro barreiros | onda cero

A pesares dos anuncios da actual empresa concesionaria, Valoriza Servizos Sociosanitarios, e das advertencias de CCOO sobre a urxencia da situación, os traballos para a elaboración dos pliegos de condición para unha nova concesión non avanzan. A actual empresa adxudicataria do servizo iniciou o contrato o 4 de xaneiro de 2017, cunha vixencia inicial de 2 anos e, tras a orden de continuidade do servizo de tres meses, segundo prevé o pliego, o contrato finalizará definitivamente o 3 de abril de 2019. Nesta data a empresa deixará de prestar o servizo ao deixar de ter a cobertura contractual necesaria para esto. Esta situación é moi grave, e xa llo vimos advertindo ao Alcalde dende hai tempo, xa que as traballadoras que prestan o servizo teñen dereito a serén subrogadas polo novo prestador do servizo. Neste caso, si estas traballadoras non son subrogadas antes do 3 de abril, non poderán seguir prestando o servizo por conta da concesionaria actual, Valoriza Servizos Sociosanitarios, co que se abriría unha situación de incertidume, tanto para as traballadoras, coma para as persoas usuarias. O Concello non pode alegar que esta situación o pille por sorpresa, xa que, dende o ano pasado a actual concesionaria xa ven avisando de que non ía prorrogar a concesión, polo que tiveron tempo dabondo para a elaboración dos pliegos para unha nova concesión. De feito CCOO xa lle fixo chegar por escrito ao Alcalde hai meses, as súas aportacións para as novas plicas que se elaboren, sin que teñamos constancia de que haxa avances nos traballos técnicos necesarios. Non resulta sorprendente atoparnos nesta situación, xa que si algo caracteriza ao Concello de Ourense é a nefasta xestión que realiza dos servizos que ten concesionados, tendo moitos deles en precario dende hai anos, sin que se lle dea unha solución. Agora ben, o que si resulta sorprendente é que tendo a acuciante situación do servizo de axuda a domicilio, sin que se tomen as medidas necesarias para sacar a concurso a nova concesión, outros servizos, como o de limpeza dos colexios públicos municipais, que tras os problemas de tempos atrás, está a funcionar razoablemente ben, agora atópase en mobilizacións pola intención do Concello de partir a concesión en lotes. En definitiva, o Concello non toma medidas nas concesións que non funcionan ou que funcionan en precario, co conseguinte incremento do custo do servizo, e vai meter as narices nas concesións que funcionan razoablemente ben. CCOO facemos un chamamento ao Sr. Alcalde para que se tome en serio esta situación e tome as medidas necesarias para garantir a prestación do servizo de axuda a domicilio ás persoas usuarias do mesmo (un colectivo moi sensible como é o das nosas persoas maiores, especialmente as que están en situación de dependencia) e garanta a estabilidade das traballadoras que prestan este servizo, despexando calquera tipo de incertidume sobre o futuro do servizo.