Acidente Mortal

Sinistro viario mortal no Carballiño

Un conductor de 68 anos, veciño do Carballiño, faleceu esta mañá na localidade ourensá do Irixo tras colidir co seu vehículo contra unha vivenda

ondacero.es

Madrid | (Publicado 04.02.2019 12:56 )

Acidente mortal no Irixio | Guardia Civil

Un conductor de 68 anos, veciño do Carballiño, faleceu esta mañá na localidade ourensá do Irixo tras colidir co seu vehículo contra unha vivenda. O suceso aconteceu na estrada Ou-902 tras sairse da vía e impactar contra unha casa. Segundo a Garda Civil as causas do sinistro están en investigación non descartándose que o conductor puidese sofrir unha doenza súbita xa que na estrada non había pegadas de frenado. Ate o lugar acudiron efectivos sanitarios, garda civil e bombeiros que non puideron facer nada para salvarlle a vida.