Urbanismo

O Psoe califica de privatización axilizar licencias urbanísticas ó través das ECCOM

Consideran que estas empresas non poden sustituir os informes da Administración

Paco Sarria

Ourense | 16.05.2024 11:21

O G.M socialista califica de privatización axilizar licencias urbanísticas ó través das ECCOM
O G.M socialista califica de privatización axilizar licencias urbanísticas ó través das ECCOM | onda cero ourense

O grupo municipal socialista alerta sobre que o Concello de Ourense pretende reducir os procesos para a concesión de licenzas urbanísticas privatizando o servizo e anulando a función da Administración en beneficio de empresas privadas (ECCOM/Entidades de Certificación de Conformidade Municipal).

Recoñecendo que as licencias non están a axilizarse coa debida premura, os socialistas opinan que se poría en risco a seguridade xurídica, polo que demandan dotar de máis recursos e personal á Concellería de Urbanismo, actualizando a ordenanza municipal ó respecto.

Engade a edil María Fernández Ojea que privatizar o servizo de licenzas municipais faría que “as persoas que podan pagar unha ECCOM terán vantaxes sobre outras que non podan facer fronte a ese gasto”.