A executiva municipal do PSdeG-PSOE de Ourense ratificou por aclamación a candidatura á Alcaldía da cidade para a moción de censura á actual voceira municipal, Natalia González.
Todo elo cando a posibilidade de moción está estancada sen que haxa avances xa que o BNG soamente acepta un goberno de coalición entre PSOE e PP, pero presidido polos socialistas e os populares non aceptan o veto nacionalista.
A candidata socialista manifestou que está disposta a asumir a responsabilidade e insta ó resto de formacións a sacar adiante a cidade e a consolidación dun novo executivo no que a base fundamental debe ser un pacto por Ourense.
Os socialistas entende que os compromisos plantexados no chamado “Pacto da Concordia” son asumidos polos 3 grupos da actual oposición a Democracia Ourensana.
Ademáis agradecen ó BNG a confianza e fixan o obxectivo de desbloquear a grave situación da cidade recuperando a normalidade institucional dende o máximo respeto a cada unha das organización.
Por último explican nun comunicado que “estamos chamados a dar exemplo de que a política é un instrumento útil para cambiar a vida da xente, superando diferencias ó través da cultura do diálogo e o consenso polo interese público”.