O grupo municipal socialista do Concello de Ourense esixe ó goberno de Pérez Jácome que de a coñecer xa a oferta formativa da Escola Municipal Contínua que tería que ter comezado o 1 de outubro.
A edil Cristina Cid lembra que xa a anterior convocatoria chegou tarde, mal e arrastras, pasando dos 140 cursos da antiga Universidade Popular a ó redor de 50 sendo unha proposta máis feble que a anterior e non respostando ás necesidades dos ourensáns.