Ocio

Socialistas demandan á Xunta actividade para o Espazo Xove de Ourense

Lembran o seu activo pasado como Casa da Xuventude

Paco Sarria

Ourense |

Socialistas demandan á Xunta actividade para o Espazo Xove de Ourense
Socialistas demandan á Xunta actividade para o Espazo Xove de Ourense | onda cero ourense

Os socialistas presentarán no Parlamento de Galicia unha batería de iniciativas para que a Xunta dote de programación e actividades o Espazo Xove de Ourense.

Tanto o partido socialista en Ourense como as Xuventudes Socialistas esixen ó executivo galego que devolva á mocidade un espazo aberto, democrático, no que a mocidade poda autoorganizarse e tomar decisións sobre seu tempo de ocio.

Na explicación de motivos lembran iniciativas desenvolvidas alí como o Outono Fotográfico nos seus comezos, como lembrou a parlamentaria ourensá Carmen Rodríguez Dacosta.