Municipal

Socialistas instan a convocatoria do Consello Municipal de Igualdade de Ourense

Queren abordar a programación do 25N

Paco Sarria

Ourense |

Socialistas instan a convocatoria do Consello Municipal de Igualdade de Ourense
Socialistas instan a convocatoria do Consello Municipal de Igualdade de Ourense | onda cero ourense

O grupo municipal socialista instou ó goberno municipal que preside Pérez Jácome a que convoque o Consello Municipal de Igualdade co propósito de abordar a programación do 25N así como o traslado do Centro de Información Municipal da Muller (CIMM).

Lembran que este órgano, no que están representados tódolos partidos, non é convocado dende febreiro pasado.

Asemade, as concelleira Cristina Cruz e María Fernández reclaman que, logo das últimas xuntas de área celebradas, o mesmo Concello sexa convocado para que o executivo de Democracia Ourensana dea explicacións e información sobre en que punto está o proxecto do rueiro feminino.