Os socialistas de Lobios esixen solucións urxentes como consecuencia do que consideran “gravísimo problema medioambiental” xerado polo mal funcionamento da EDAR e que xa lle supuxo ó concello o pago dunha multa por verquidos contaminantes.
Alertan de que a EDAR “leva anos sen funcionar correctamente, desaguando augas fecais sen depurar e chegando a botar materiais sólidos como toalliñas e papel hixiénico que son depositados directamente no ecosistema da zona”.
O voceiro socialista en Lobios, Patrick Rodríguez, apunta que “a pesares da sanción a Alcaldesa non buscou ningún tipo de solución e a depuradora segue contaminando e verquendo de xeito totalmente descontrolado, polo que tememos que cheguen novas sancións”.