O grupo municipal socialista solicitou á Valedora do Pobo que interceda diante do que califican como decisión “caprichosa” e “incomprensible” do Alcalde, Pérez Jácome, “sen informes que o avalen”, de pechar os parques da cidade e instalacións deportivas ás 10 da noite.
Lembran que pese a solicitar información nas xuntas de área de medio ambiente, como no pleno ordinario, obtiveron o silencio por toda resposta.
Tamén poñen de manifestó que nos últimos días xa se produciron os primeiros desaloxos dos parques sen que en ningún deles houbera constancia en sinais de advertencia da restricción horaria