Municipal

Os socialistas de Ourense cuestionan a ausencia da cidade en Fitur

Critican a actual situación do termalismo

Paco Sarria

Ourense |

Natalia Gonzalez
Natalia Gonzalez | Onda Cero Ourense

O grupo municipal socialista no Concello de Ourense lamenta que o goberno local presuma do incremento de turistas, dada a pésima situación na que se atopa o termalismo asó como do incremento de VUT sen unha ordenanza que as regule.

Para a voceira socialista Natalia González, o goberno de Democracia Ourensana non implementou medidas no último lustro para potenciar a chegada de visitantes á cidade e remarca que si non somos quen de diferenciarnos agora, non estaremos aproveitando a vantaxe que supón ser a porta de entrada a Galicia coa Alta Velocidade Ferroviaria.

Para González ademáis era importante o escaparate de Fitur, anque coa situación actual do termalismo no era o idóneo ter presencia promocional.