Sanidade

Socialistas de Ourense piden á Xunta que escoite ós profesionais do Novoa Santos

Piden á Xunta que non xogue ó Tetris coa Sanidade

Paco Sarria

Ourense |

Socialistas de Ourense piden á Xunta que escoite ós profesionais do Novoa Santos
Socialistas de Ourense piden á Xunta que escoite ós profesionais do Novoa Santos | onda cero ourense

Os socialistas piden á Xunta de Galicia que escoite ós profesionais do Novoa Santos e dea explicacións sobre o que vai a acontecer co servizo de Saúde Mental e o Centro de Orientación Familiar.

Explican ó través dun comunicado de prensa que coñecer o malestar dos traballadores e as traballadoras e dos pacientes non soamente polos traslados derivados das obras no centro e que están datados para despois do verán, senón polo “unilateral da decisión que foi comunicada sen unha reunión previa.

Ante a ausencia de planificación e caos que están a xerar as decisións do executivo galego, piden á Xunta que “deixe de xogar ó Tetris coa Sanidade Pública galega”, explicaron as socialistas Natalia González e Carmen Rodríguez Dacosta.