Termalismo

Os socialistas piden melloras nas zonas termais de Ourense

Piden ó Alcalde que aclare o papel do Concello en Termatalia

Paco Sarria

Ourense |

Os socialistas piden melloras nas zonas termais de Ourense
Os socialistas piden melloras nas zonas termais de Ourense | onda cero ourense

O grupo municipal socialista no Concello de Ourense esixe do goberno municipal que aclare cal vai a ser o papel do concello de Ourense na Feira de Termatalia e que traballe na mellora das zonas termais.

Os edís José Ángel Vázquez Barquero e Alba Iglesias, que compareceron a carón da pisciña termal de As Burgas, explicaron que o campus vai a celebrar un congreso internacional sobre o auga e que o lóxico sería que o executivo local tivera algún tipo de colaboración.

Barquero declarou que "nada, absolutamente nada, funciona con normalidade si é que funciona" en relación coas instalacións termais e lembrou tamén que a capital da provincia xógase un papel dinamizador na Mesa Termal conformada por representantes da Deputación, Xunta de Galicia e Confederación Hidrográfica Miño-Sil, á que se integrou o Campus Auga, polo que é urxente pasar da retórica ás actuacións concretas e elo require de financiamento.