O grupo provincial socialista comezou en Parada do Sil unha xira por concellos para poñer en valor o seu rol na aprobación do plan Cooperou na Deputación.
O voceiro Alvaro Vila salientou os esforzos socialistas por “arrincar” do PP un acordo para un reparto equitativo de fondos que implicou avances na capacidade e autonomía dos concellos.
O Alcalde de Parada do Sil, Aquilino Domínguez, salientou a importancia de que os concellos podan contar con estas partidas para poder incluílas con previsión nos seus respectivos orzamentos.