Os socialistas ourensáns salientaron a importancia que para o goberno central teñen as estradas da provincia, tra-la adxudicación por parte do Ministerio de Transportes dun contrato de 10.2 millóns de euros para a conservación das mesmas.
Consideran Marga Martín e Rafael Villarino (representantes socialistas no Congreso e o Senado respectivamente) que é un importante investimento en materia de infraestructuras e que as actuacións previstas suporán unha notoria mellora na circulación, a seguridade viaria e a visibilidade para os conductores que as usan habitualmente.