O Alcalde de Melón, Emilio Luis Díaz salientou o traballo do grupo socialista na Deputación para acadar financiamento municipal “que nunca antes se tiña conseguido”.
Lembrou o rexidor nunha visita de deputados provincias do seu partido que “antes do programa CooperOu” só existían os plans provincias, dos que non podíamos saír, mentres que agora somos quen de levar a guía do que facemos”.
Para o Alcalde de Melón os concellos da provincia de Ourense disponen agora de máis recursos, poden planificar e organizar demandas da veciñanza, licitando tamén obras e implementando proxectos con maior eficacia.