O grupo municipal socialista no concello da capital reclama ó goberno de Democracia Ourensana que se poña a traballar pola cidadanía, lamentando o baleirado de contido da parte resolutiva dos plenos.
Explican que dende o partido no goberno limítanse únicamente ó debate das iniciativas que presentan os grupos da oposición.
Para a edil María Fernández, si o pleno está totalmente baleiro de contido, preguntan a que se adica o executivo, por que ademáis, moitas das modificacións de creto aprobadas nos plenos non chegan a executarse.