Municipal

Socialistas urxen ó goberno municipal que restaure a locomotora de A Ponte

Temen que os danos poidan ser irreversibles

Paco Sarria

Ourense |

Socialistas urxen ó goberno municipal que restaure a locomotora de A Ponte
Socialistas urxen ó goberno municipal que restaure a locomotora de A Ponte | La Región

O grupo municipal socialista no Concello de Ourense urxíu ó goberno municipal de Democracia Ourensana a que restaure a locomotora do barrio de A Ponte antes de que os danos sexan irreversibles. A voceira municipal, Natalia González, pide ó Alcalde, Pérez Jácome, que deixe de respostar con evasivas e lembran que hai casi que dous anos xa que o concurso para o arranxo quedou deserto.

Segundo a información facilitada ó PSdeG-PSOE, xa non hai partida orzamentaria para licitar a reparación e as respostas cando preguntan nas xuntas de área, cando non son evasivas son contradictorias.