Os socialistas de Xinzo de Limia celebran o compromiso do goberno central para o comezo da segunda fase do proxecto de recuperación do Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras.
Lembran que cos investimentos feitos ata o de agora nesta propiedade municipal, o monumento abandonou a lista vermella de inmobles en perigo de desaparición.
Neste senso subliñan que a aprobación do convenio entre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello, "suporá unha gran nova para Xinzo xa que permitirá por en valor un ben patrimonial único".
Engaden a todo elo que a recuperación do Mosteiro de Trandeiras foi xa unha aposta do equipo municipal anterior encabezado polos socialistas que conseguíu materializar a primeira fase das obras para as que houbo un orzamento de 717 mil euros.
Para esta segunda fase o orzamento será de 920 mil euros dos que o 85% será aportado pola Confederación e o 15% restante pola administración local.