Memoria Histórica

Solicitan a retirada inmediata dun símbolo franquista en Celanova

85 anos despois segue en pé en Outeiro da Obra

Paco Sarria

Ourense | 19.08.2024 12:00

Solicitan a retirada inmediata dun símbolo franquista en Celanova
Solicitan a retirada inmediata dun símbolo franquista en Celanova | onda cero ourense

O Comité de Memoria Histórica da bisbarra de Celanova denuncia que 85 anos despois de ser erixido para render homenaxe ós mortos do bando sublevado, segue en pé o monumento falanxista que exalta o golpe de Estado, a guerra e a ditadura erixido o 8 de agosto de 1939.

O Comité lembra tóda-las iniciativas desenvolvidas para facer desparecer este cruceiro e as 1500 adhesións para facelo posible e entre as que figuran as de Xosé Lois Méndez Ferrín e Xesús Alonso Montero. Asemade sinalan que é o símbolo fascista mellor documentado e máis antigo de Galicia que segue en pé.

Critican asemade á Fundación Curros Enríquez por ter branqueado recentemente a figura do falanxista Eugenio Montes.

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora