Sucédense os sinistros viarios en Ourense
Unha conductora ourensá de 28 anos foi denunciada por axentes da policía local tras superar en máis de catro veces a taxa de alcol permitida por lei.
Unha conductora ourensá de 28 anos foi denunciada por axentes da policía local tras superar en máis de catro veces a taxa de alcol permitida por lei. A denunciada bateu onte pola tarde contra un turismo na glorieta da Avenida de Zamora da capital e saíuse da vía impactando contra outros dous vehículos que estaban estacionados. A muller e unha menor que viaxaba con ela resultaron feridas leves pero foron trasladadas a un centro sanitario para o seu recoñecemento. A policía local investiga as causas deste sinistro viario.
Esta madrugada tamén houbo dous sinistros viarios nos que se viron implicados dous trailers. Un aconteceu en Viana do Bolo onde un dos vehículos saíuse da calzada o que obrigou a cortar un carril sentido Viana na OU 533.O outro suceso aconteceu na glorieta de A Fontenla-Maside onte bateron un camión e un turismo, rexistrandose únicamente danos materiais e quedando o vehículo pesado apoiado contra un talud. A garda civil de tráfico estableceu sendos operativos para regular o trafico. Os axentes informaron ademáis de ate once sinistros viarios, en menos de doce horas, en distintas estradas ourensáns provocados pola irrupción na calzada de xabaríns, corzos e cans. En nengún caso, houbo danos para as persoas.