O talento dos xóvenes empresarios ourensáns destaca en innumerables ámbitos
Asesoría laboral, saúde, viticultura e arquitectura, entre os sectores nos que se abren camiño os nosos emprendedores.
Forgal Talent, consultoría laboral
Forgal Talent é unha consultora especializada en dar apoio ás empresas para atraer, desenrolar e xestionar talento na súa organización. “Somos unha consultora que axuda ás empresas a solucionar todos os problemas que poden xurdir en materia de recursos humanos, selección de persoal, desenrolo de plans de formación a medida, solución informáticas e TIC para a xestión de recursos humanos, e tamén realizamos algúns servizos de consultoría xeral como adecuación á normativa de protección de datos ou implantación de sistemas de xestión de calidade”, detalla o seu impulsor, David López.
E é que na actualidade as demandas das empresas mudaron moito. Agora non só a formación e a experiencia importa. Valórase máis a actitude que a aptitude. “Cada vez demándanse máis habilidades de comunicación, liderazgo, empatía, razonamento lóxico e espacial, facilidade na adaptación ao cambio, ser tecnoloxicamente capaz, saber relacionarse cos compañeiros… Competencias que van máis alá da formación académica, as empresas buscan más actitude que aptitude, porque la aptitude sempre se pode sumar, gañar coa experiencia, pero se non tes base é imposible. Por iso, dende Forgal Talent procuramos seleccionar a xente que logo se poida pulir”, explica.
Con oficinas en Vigo, Alicante e Ourense, Forgal Talent aporta solución a todo tipo de problemáticas que poidan ir xurdindo no mundo laboral, por iso na actualidade tamén teñen resposta para un tema que trae de cabeza a máis dun empresario: o rexistro de xornada. “Asesoramos ás empresas para implantalo, de feito dispoñemos dunha ferramento baseada en TIC (Técnicas de Información e Comunicación) que busca facilitar o cumplimento desta obriga a través de aplicacións telemáticas, de teléfono móvil, tablets, novas tecnoloxías … As empresas pequenas optan polo papel, pero as grandes, por cuestións de operatividade, precisan ferramentas doutro tipo porque teñen traballadores móviles, desprazados, teletraballo … A nova realidade implica adoptar solución máis tecnolóxicas”, comenta David.
En canto aos beneficios de formar parte da Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense, David López destaca “as sinerxias que se xeran entre os asociados”, pero tamén “ter profesionais que che axuden cando abres un novo negocio e que te orienten para poñelo en marcha é moi importante, son como un asesor que che vai abrindo camiño e che indica por onde ir”, conclúe.
Curros Enríquez, 28 - 1º
Podogal, especialistas en podoloxía, odontoloxía e fisioterapia
Fai 16 anos nacía no barrio de San Francisco Podogal, da man de Sonia Pereira. Unha podóloga que apostou por sumar ao seu proxecto a outros profesionais co fin de ofrecer o servizo máis amplo e integral posible a cada un dos seus pacientes. “Podogal naceu como clínica de podoloxía e foi medrando. Débese a unhas inquedanzas que xa tiña no 2003 cando empecei, logo uniuse o meu irmán ao proxecto, e vas vendo que hai unha necesidade por parte dos pacientes que che demandan. Así, fai 3 anos demos o salto, fómonos a un local de 200 metros cadrados e alí estamos prestando todos os servizos”, explica Sonia.
Podoloxía, odontoloxía e fisioterapia son o completo abano de servizos cos que conta agora Podogal, porque o mellor tratamento parte do coñecemento completo do paciente. “Temos unha visión global das persoas. Non as tratamos como se tiveran só un problema no pé, senón como un todo. Sabemos que hai unha relación directa con máis especialidades, e para o paciente é máis cómodo, porque sabe que todos os profesionais levamos unha mesma liña de actuación. Os pacientes teñen unha confianza connosco que se ve reflictida nos tratamentos”, confesa.
En canto ao paciente tipo, Sonia explica que “na podoloxía fai uns anos o paciente tipo era unha persoa maior pero agora temos a sorte de traballar en prevención. Especialmente eu, que me adico á biomecánica, e me gusta traballar con nenos, que son o futuro, e traballamos tamén moito con deportistas. No eido da fisioterapia os deportistas tamén son unha parte importante dos pacientes, e na odontoloxía o mesmo, estamos intentando facer prevención principalmente”.
Ademais, a aposta pola formación e a actualización constantes déixanse ver nos seus servizos. “En podoloxía cremos que hai que prestar os últimos tratamentos en Ourense, cremos nesta cidade, e procuramos estar continuamente en formación para prestar as últimas tecnoloxías, facendo inversión para a mellora nos tratamentos que ofrecemos, minimizar a dor, conseguir unha adaptación moito máis rápida do paciente, previr as lesións nos deportistas e sempre empregando a última tecnoloxía”, explica.
En canto á súa experiencia en AJE (Sonia ademais é a tesoureira deste colectivo) só ten boas palabras. “O noso proxecto en Podogal baséase en sinxerxias polo que estar nunha asociación que tamén se basea no mesmo é redondo. Aje é unha asociación que aposta por Ourense porque nos últimos tempos estamos nun discurso máis negativo, e AJE sempre di que en Ourense hai futuro, hai emprendemento, e iso fai que tires para adiante, e se nalgún momento non o tes claro ves que hai xente que está aí e que facemos un tecido empresarial importante, somos o futuro”, remata.
Serra de Queixa,6
Adegas Celme, da enxeñería á viticultura
A historia de Jorge e Dori é do máis singular, ningún dos dous é do Ribeiro, ningún ten familia adicada á viticultura, nin sequera ningún deles pensou nun primeiro momento en vivir deste sector (xa que ambos son enxeñeiros), pero tras participar nun curso de cata namoráronse do mundo do viño e en 2016 decidiron dar un xiro de 180 grados ás súas vidas e ás súas carreiras profesionais para deixarse levar pola que definen como a súa verdadeira paixón e dar forma así a Adegas Celme, ubicadas na parroquia de Astariz (Castrelo de Miño) e incluídas dentro da D.O. Ribeiro.
Contan con dúas hectáreas de terreo nas ladeiras do Miño repartidas en dúas fincas: Pena Bicada e O Souto, que dan nome aos seus viños. Na vendima escollen manual e coidadosamente o mellor de cada planta e de cada acio.“É un viñedo plantado a finais dos 90, temos a gran sorte de que está xunto, pero o tamaño non nos permite grandes maquinarias, é un traballo moi coidado, moi artesanal, que facemos nós os dous, e tentamos facelo o mellor posible. A nosa supervivencia pasa por facer as cousas excelentes”, explica Jorge.
O resultado son viños de cantidades moi limitadas que transmiten a personalidade das súas variedades, a riqueza do seu chan e a delicadeza do seu traballo. “É unha produción pequeniña, traballamos con rendementos moi baixos. Son dúas hectáreas, hectárea e media de variedades brancas autóctonas (treixadura, godello, albariño e loureira) e media hectárea de tinto (sousón e brancellao). Estamos producindo de 6.000 a 7.000 botellas de branco e entre 2.500 e 3.000 de tinto”, engade.
Pero as ideas desta parella non se limitan ao viño, tamén fan vermú e estan comezando a traballar o ecolóxico. “Collemos o viñedo en 2016 e a primeira colleita foi un branco e un tinto, pero en 2017 xa empezamos a xogar un pouco e facer cousas novas. Empezamos a producir en ecolóxico, porque tendo unha nena pequena entendemos que non hai outra vía que deixarlle algo en mellores condicións das que atopamos nós. Tamén fixemos un vermú, unhas 300 ou 400 botellas, dun xeito moi artesanal, infusionando nós coas herbas de aquí como herba luisa, menta, limón e laranxa; tamén un branco con barrica e un branco en fermentación espontánea. A produción é pequena, e esas son microproducións, pero xa imos probando cousiñas”, adiántanos.
Así mesmo, para dar a coñecer o seu traballo e o singular paraxe onde están ubicados organizan catas, visita á súa bodega e viñedo e excursións pola zona. “O Ribeiro é unha zona cun patrimonio histórico brutal e queremos que a xente veña e coñeza de primeira man todo o que facemos”, convida Jorge.
Castrelo de Viño
López e Noya, moito máis que arquitectura
Daniel López e Pablo Noya dan vida (e futuro) a “López y Noya, Arquitectura y Urbanismo”, un estudo de arquitectura especializado na rehabilitación tanto de vivendas como de comunidades. Tras anos de crise económica, na que a compra dunha vivenda se converteu nun proxecto inalcanzable para moitas familias a opción de rehabilitar, que sempre estivo presente para darlle maior valor ás nosas propiedades, tomou pulo. “A rehabilitación xa levaba moitos anos na mente da xente para darlle un valor engadido á súa vivenda, así como alternativa para dar forma a un fogar nun lugar algo máis especial como pode ser o rural ou o casco histórico na cidade. Evidentemente pasou por ciclos de máis actividade e tamén lle afectou a crise, pero nestes tempos dificultosos si que foi un sostén de traballo e actividade”, explica Pablo.
Semella que nos últimos tempos a rehabilitación estase a converter na mellor opción para lograr un maior retorno económico. “Notamos que neste último ano está volvendo a rehabilitación de cara a unha posible inversión ou un retorno económico, por exemplo temos dous proxectos na Ribeira Sacra para rehabilitar o que serán apartamentos turísticos”, confesa Daniel. Non obstante, as melloras contratadas diríxense cada vez máis a solventar os problemas reais de familias e comunidades. “Traballamos moito reforma de piso, pero tamén rehabilitación no ámbito privado e público de cara ao aforro enerxético, de mellora de accesibilidade e mellora da salubridade das vivendas, agora está moi posto o foco da arquitectura neses problemas reais. Temos comunidades que queren colocar ascensor, outras que pensan en por paneis solares, de aisladar as vivendas por fóra…”, detalla Pablo.
Pero a rehabilitación é só un dos numerosos servizos que ofrece “López y Noya, Arquitectura y Urbanismo”, xa que estes dous mozos apostan, sen dubidalo, pola polivalencia, como comenta Daniel: “Estamos moi inmersos na rehabilitación, porqueé algo que nos gusta e tamén a demanda nos situou aí, pero tamén nos encargamos de temas periciais para bufetes, seguimento de obras para comunidade, incluso instrumentos de planeamento, tes que ser polivalente.
O tema é dar valor aos teus proxectos, non só conseguindo unha boa solución formal, senón que con esa solución logres a maior eficiencia económica, o maior retorno inmediato se é unha inversión para alugar ou vender, ou se é un proxecto para o futuro que teña baixo custe de mantemento. En definitiva, que a inversión que fas no primeiro posible che dea o mellor resultado”.
En canto aos beneficios que lles achega a Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense téñeno claro, “somos arquitectos pero somos empresarios, temos que vivir do noso traballo, enriquecernos del e intentar coa nosa formación técnica darlle valor a todo aquel que se achega a nós. Evidentemente da experiencia doutros empresarios, sexan do ámbito que sexan, temos moito que aprender”, conclúen.
Rúa do Paseo, 36 -3ºA