Rosa María Dalama é dende o mediodía deste luns a nova Alcaldesa do Irixo onde no que vai de mandato levan 3 rexidores/as diferentes tras duas mocións de censura.
Dalama é independente nas listas socialistas; partido que desautorizou esta moción anunciando apertura de expedentes ós edís asinantes.
Nas suas primeiras declaración non quixo valorar a desautorización do PSdeG-PSOE
A nova Alcaldesa sustitúe no cargo a Susana Iglesias, de Xuntos polo Irixo que gobernaba con unha única compañeira de candidatura e que considera que a moción prosperou por motivacións personais e non políticas.
A moción de censura saíu adiante co apoio dos 4 edís do PP, que comenzaron o mandato gobernando e que logo foron víctimas dunha moción de censura asinada por parte de quenes agora apoian.
Precisamente o presidente do PP ourensán, Luis Menor, admitíu que é unha “anomalía democrática” afrontar dúas mocións de censura en ano e medio, pero avala a decisión adoptada polos 4 edís do seu partido e de dous socialistas para desaloxar a Susana Iglesias que gobernaba en minoría, polo que considera xustificada a moción como consecuencia do desgoberno.