O programa de Termalismo Social da Deputación de Ourense ven de incorporar o tren Avril e agarda contar nos próximos meses cos Avlo. Así foi abordado entre o presidente da Deputación Luis Menor co director xeral de Renfe Viajeros, Javier Pérez. De tal xeito a institución provincial en colaboración cos balnearios mantén esta iniciativa que xa ten 12 anos e na que se impulsa integran o desprazamento ós establecementos termais como factor fundamental para a competitividade do sector.
A Deputación informou que no primeiro cuatrimestre deste 2024 foron pechadas 1800 reservas procedentes de 11 comunidades autónomas, aportando 6 millóns de euros de impacto económico.
O programa inclúe a modalidade de 6 días e 5 noites de aloxamento, pensión completa e 10 técnicas termais máis asesoramento médico ou a modalidade de fin de semana baixo o nome de "cultura termal". Unha terceira proposta está pensada para establecementos sen hospedaxe e inclúe a posibilidade de ata 35 tratamentos.