Municipal

Toda a oposición coindice en que Jácome lles agocha o PXOM

O Alcalde anunciou que remitirá o PXOM á Xunta

Paco Sarria

Ourense |

Toda a oposición coindice en que Jácome lles agocha o PXOM
Toda a oposición coindice en que Jácome lles agocha o PXOM | onda cero ourense

O malestar da oposición vai en aumento máxime tra-lo anuncio do Alcalde de remitir o Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM) á Xunta de Galicia como fase previa á sua presentación ó pleno.

Para a socialista Natalia González é un exemplo máis de menosprezo á oposición e reclaman a convocatoria da comisión de seguimento do Plan e o acceso ó expedente.

En senso semellante, dende o PP, amosan o seu malestar tamén, reprochándolle a Jácome a falla de diálogo, segundo adiantou a edil Sonia Ogando.

E pola sua parte o BNG reclama unha nova exposición pública do documento sobre o planeamento urbanístico que consideran que debe ser sustentable e pensado para as maiorías.

Queren que o novo documento aposte pola rehabilitación de vivenda, as infraestructuras e os equipamentos, así como por flexibilizar a construcción no ámbito rural, explicou o voceiro nacionalista Luis Seara.