As últimas reunións do comité de empresa coa dirección da fábrica de compoñentes aeronáuticos COASA remataron sen grandes avances, segundo declaracións do secretario xeral da CGT Daniel Alonso a Onda Cero.
Alonso explicou que de este xeito as mobilizacións; trala habida onte polas rúas da cidade; continuarán os martes e xoves.
Os traballadores demandan un incremento salarial medio do 10% xa que non se produciron melloras no convenio colectivo dende o 2016.