Os traballadoresmunicipais do concello de Ourense acordaron en asamblea convocar unha folga contra a política de personal do Alcalde, Pérez Jácome.
Na reunión celebrada onte acordaron paros e outras medidas de presión como acudir ó pleno extraordinario do luns.
Segundo fontes dos convocantes a asamblea discorríu en medio dun cabreo xeralizado dos funcionarios participantes.
O voceiro do sindicato CSIF explicou que optaron por esta vía debido á negativa do Alcalde a negociar cuestións como a Relación de Postos de Traballo.
Por outro lado o Alcaldedeu marcha atrás no conflicto que abriu coa Policía Local ó negarse a pagar horas extra estructurais.
De tal xeito volven a 3 días laborables de 12 horas e 5 días de descanso por turno, anque retiran as horas extraestructurais que cobraban os venres e sábados.
Tamén arrancaron do Alcalde o compromiso de acudir alomenosunha vez ó mes á comisaría para coñecer as demandas do corpo.