Turismo

Tres novos ecobarcos surcarán os encoros de Castrelo e Frieira

Chámanse Miñoto, Moura e Espírito Ribeiro

Paco Sarria

Ourense | 23.08.2024 09:47

Tres novos ecobarcos surcarán os encoros de Castrelo e Frieira
Tres novos ecobarcos surcarán os encoros de Castrelo e Frieira | onda cero ourense

A Deputación Provincial de Ourense adquiríu tres novos ecobarcos que darán servicio turístico ós concellos de Castrelo de Miño e Cortegada nos encoros de Frieira e Castrelo. A institución provincial desenvolve así o Plan de Sustentabilidade Turística Ourense Termal investindo nesta ocasión algo máis de 141 mil euros.

Os barcos levan por nomes "Miñoto", "Moura" e "Espírito Ribeiro" e están deseñados especialmente para ser respetuosos co medio ambiente. Cada un ten capacidade para 8 persoas e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida. Contan con propulsión eléctrica e xeran pouca ola para protexer tamén a flora e a fauna.

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora