CC.OO.

O Tribunal Supremo obliga a actualizar os salarios de axuda a domicilio

CCOO en solitario gañou ambas sentenzas que obrigan a actulizar os salarios do sector ano tras ano, incrementándose co IPC real do ano anterior

ondacero.es

Ourense |

pedro barreiros | onda cero

O Tribunal Supremo unificou doutrina e condenou a empresa CLECE e, polo tanto a todo o sector de axuda a domicilio de Galicia, a establecer unha xornada mínima de 25 horas semanais, por contrato. Con esta sentenza xa non existe ningunha dúbida da ilegalidade dos contratos cunha duración inferior ás 25 horas (sentenza 1362/2018). O alto Tribunal, noutra sentenza de unificación de doutrina (1851/2018) condenou a empresa EULEN Servizos Sociosanitarios,e por añadidura ao resto de empresas do sector que non o fagan, a actualizar os salarios co IPC real do ano anterior. A pesares do recurso da empresa, o Tribunal deixa claro que as Táboas salariais deben ser actualizadas anualmente, quedando este ano nun salario base de 1.043,37€ para unha traballadora a tempo completo. CCOO foi o único sindicato que se atreveu a denunciar ás grandes empresas do sector en Galicia, e a pesares de todas as presións recibidas, o Tribunal Supremo ratificou os nosos plantexamentos. CCOO é o sindicato maioritario no Sector e as empresas temen que as sentenzas pendentes sobre calendario laboral, xornadas e execesos, bolsa de horas, etc., rematen cos abusos que se están a producir neste ámbito. CCOO vaille esixir á empresa que presta o servizo no Concello de Ourense a aplicación de ámbalas dúas sentenzas en todos os seu extremos e estaremos vixiantes para que se cumpran en todo o ámbito da axuda a domicilio da provincia. CCOO pon ao dispor de tódalas traballadoras e traballadores do sector de axuda a domicilio de Ourense o noso Gabinete Xurídico para entablar tódalas reclamacións individuais (tanto en materia de contratación, coma de salarios) con carácter retroactivo.