O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estimou o recurso presentado pola acusación particular, ó que se adheríu a Fiscalía, contra a sentencia da Audiencia Provincial de Ourense que absolveu a un abogado ourensán acusado de estafa, anulando a sentencia e ordenando a celebración do xuizo con outro tribunal.
A sentencia foi revocada, cando a sección segunda da Audiencia ourensá absoleveu ó letrado acusado por unha clienta de estafala durante a tramitación dunha incapacidade permanente ó terlle cobrado a interposición dun recurso diante do Tribunal Supremio que nunca chegou a presentar.
O acusado, que xa fora procesado en xaneiro por outra causa de estafa a outras clientas ás que tramitaba unha herdanza -feitos polos que foi absolto- negou tal engano durante o xuizo asegurando que foi un traballo laborioso, anque tamén recoñeceu que en aquel momento estaba nun proceso médico e as veces esquecía cousas, permañecendo de baixa médica pero asegurando que non houbo engano en ningún momento xa que foi a clienta a que desistíu de presentar recurso ó Supremo ó contarlle que si perdía tería que aboas costas procesais.