A sección segunda da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeitou, en contra do que pretendía o concello de Pereiro de Aguiar, declarar a improcedencia de modificar a clasificación do encoro de Cachamuíña para permitir a nevagación sen motor (vela ou remo) para uso recreativo e o baño.
De tal xeito rexeitou o recurso interposto pola administración municipal contra a resolución da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, na que denegaban a solicitude de moficacións das condicións deste encoro.
Os maxistrados conclúen na sentenza que as razóns para impedir a navegación son xustificadas e resultan da ponderación do posible conflicto con outros valores, singularmente a protección da saúde pública, de onde “deriva a ausencia de arbitrariedade”.
Neste censo salientan o informe da Dirección de Saúde Pública que pon de manifesto a existencia de riscos para a saúde das persoas derivados da presencia de cianobacterias.
A sala tamén sinala que é un encoro de modestas dimensión que, en determinadas épocas do ano pode non ter auga suficiente.