A Consellería de Medio Rural salienta o bo ritmo da vendima na Denominación de Orixe Ribeiro, con máis de 8 millóns de quilos recollidos.
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, visitou algunhas das adegas da bisbarra nas que se está a desenvolver a campaña de recollida da uva.
Dende a Consellería poñen en valor o bo avance e a calidade da colleita en todas as D.O.s.
Ata o de agora foi recollida a metada da uva prevista, e os Consellos Reguladores estiman unha colleita total de 72,5 millóns de quilos de gran calidade.