As comunidades de propietarios dos edificios 8 e 10 da rúa Xoán XXIII interpuxeron un recurso contencioso-administrativo contra o acordó do Consello da Xunta de Galicia adoptado o pasado 7 de outubro polo que se declara o Centro de Saúde Nóvoa Santos proxecto público de urxencia e excepcional interese.
Os veciños demandantes esgrimen que a altura e fondo do futuro novo centro de saúde son manifestamente desproporcionados.
Engaden que non están en contra de esta infraestructura, máis si de que sexa realizada a costa do “gravísimo perxuizo para as suas vivendas, derivado do incremento sobre o permitido polo planeamento en altura e fondo edificable, amén do enorme impacto visual que vai a xerar tanto na rúa de Xoan XXIII como na praza de Paz Nóvoa.
Para a Consellería de Sanidade será un proxecto vangardista que contará cun investimento de 14 millóns de euros e que centralizará a atención primaria e hospitalaria nun espazo moderno e accesible que dará servizo a unha poboación de 130 mil persoas.