Un xurado popular emitíu veredicto de culpabilidade para Cristina Rodríguez Veloso, de 29 anos, autora confesa da morte do seu amante, José María Roldán Zapata, de 53, a quen adormeceu con pilulas, asfixiou, queimou, troceou cunha pala e logo soterrou os restos nunha finca.
A muller, cunha discapacidade do 66%, será sentenciada a 8 anos de cárcere e ó pagdo dunha indemnización á familia de 135 mil euros. A condena mínima, despois de que o xurada resolvera a decisión en menos de 3 horas pola coonfesión e claridade dos feitos probados.
Houbo unanimidade e os membros do xurado apreciaron 6 feitos desfavorables para a acusada; os alusivos a como coñeceu á victima e o seu posterior asasinato e ocultación do cadáver. Pero tamén outros favorables como o abono de 10 mil euros, a confesión e a colaboración coas autoridades na localización dos lugares nos que soterrou os restos.
En todo caso non se mostraron partidarios da suspensión da pena ou do indulto.
Agora será o Maxistrado poñente do tribunal, Manuel Cid Manzano, quen dará forma xurídica ó veredicto