Vilar de Barrio celebra a 40ª Festa da Pataca este domingo 13 de outubro
Falamos co alcalde de Vilar de Barrio, Manuel Conde, para coñecer os detalles do amplo programa de actividades que inclúe esta celebración.
Falamos co alcalde de Vilar de Barrio, Manuel Conde, para coñecer os detalles do amplo programa de actividades que inclúe esta celebración.
A Festa da Pataca de Vilar de Barrio chega este domingo 13 de outubro á súa 40ª edición, e por elo entre o amplo programa de actividades previstas inclúese unha homenaxe á primeira comisión organizadora desta festa.
Así mesmo, destaca nesta edición 2019 o inicio dunha macrofeira que busca poñer en valor tanto a pataca como outros produtos de outono da zona.
Mónólogos, teatro, stands e actividades infantís son outras das propostas deste festexo que engloba toda a fin de semana, e dentro do cal non se poden perder o tradicional xantar popular o domingo 13 ao que poderán sumarse por só un prezo de 8 euros.