O certame Voces Femininas volve ó Teatro Principal de Ourense da man da Deputación Provincial, coa actuación en exclusiva para España de Saint Saviour.
Este certame leva 17 anos poñendo en valor ás mulleres artistas no panorama nacional e internacional e terá lugar este venres 22 de novembro coincidindo co Día Mundial da Música.
O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, recalcou que festivais como este fan de Ourense “un lugar único, co gran privilexio de disfrutar de artistas de talla internacional”.
Ademáis de Saint Saviour subirán ó escenario a galega Sanny e a vasca Elena Setién.