O goberno municipal de Ourense entregoulle onte á oposición os proxectos previstos por ADIF para resolver a permeabilidade urbán no paso baixo a liña férrea de Ramón Puga e na Ponte de Tarascón nos que está prevista unha inversión de 1,2 millóns de euros. Segundo explicou o alcalde, Xesús Vázquez, estes proxectos "supoñen unha mellora importante" no túnel que comunica a zona de Rairo e Barrocás coa Residencia e tamén da Ponte de Tarascón. Ambas actuacións foron longamente demandadas polos veciños polo que o rexedor pediu aos grupos que "pensen en clave de cidade". Neste senso o voceiro do goberno popular, Pepe Araujo lembrou que este asunto xa conta co visto e prace plenario. Agora, según Araujo, unha vez que rematen os trámites, volverase levar a un pleno a modificación orzamentaria precisa para que poidan executarse.
Dende a oposición o voceiro do Psoe, José Ángel Vázquez Barquero di que antes de pronunciarse nun pleno deberían coñecer os informes xurídicos que ainda non foron aportados.
Democracia ourensana considera que o que se vai facer é un "parche" e critica a demora en solucionar un problema que leva décadas pendente. Para o edil, Gonzalo Jácome o máis preocupante é a incapacidade do alcalde de lograr que fora adif quen asumise a totalidade do financiamento.