Vive a túa propia historia con Gadasa

XIV Festa da Zorza do Concello de Maceda

Este sábado 26 de outubro Maceda celebra a súa tradicional festa da zorza, a partir das 19 horas na praza das Toldas, cun completo menú composto por zorza, empanadillas, pan e viño

ondacero.es

Ourense | (Publicado 25.10.2019 12:08 )

XIV Festa da Zorza de Maceda | Onda Cero Ourense

O Concello de Maceda acolle este sábado 26 de outubro a XIV Festa da Zorza, organizada pola Asociación Taberneiros do Pobo de Maceda coa colaboración do Goberno municipal. A festa terá lugar na praza das Toldas a partir das 19 horas, e nela veciños e visitantes poderán gozar dun menú composto por zorza, empanadillas, pan e viño, por só 5 euros por persoa. As entradas poden mercarse o mesmo día do festexo na propia praza.

Xunto a esta tradicional cita festiva, Maceda tamén conta coa súa xa histórica festa medieval, que se celebra a segunda fin de semana de agosto, na que o pobo volta ao pasado grazas á decoración das rúas e á vestimenta dos asistentes. Ademais, o programa inclúe baile medieval de damas, teatro, un torneo de cabaleiros, xogos infantís, exhibición de cetrería, cerámica e alfarería, de peles e curtidos, tallas de pedra, mimbre, madeira, prateiría ou encaixes.

Vive a túa propia historia | Gadasa

Así mesmo, mención especial merece tamén o Entroido de Maceda, co Felo como protagonista, que conta coa indumentaria convencional dos Peliqueiros de Laza e os Cigarróns de Verín,aínda que con elementos externos diferenciados. O Felo dá medo. Pódelo insultar, pero nunca tocar nin tentar sacarlle a máscara. Transgredes as normas. É a autoridade nesas datas.

No tocante ao patrimonio histórico e cultural de Maceda non podemos esquecernos do seu Castelo, datado no século XII, que nos anos 90 foi adquirido polo Concello iniciándose a súa restauración, convertido actualmente en Hotel Monumento.

Tamén conta cun pioneiro museo orientado a visualizar a evolución da medicina durante o século XX, sito na planta baixa do Concello e que consta de dez espazos temáticos.

O Val do Medo (onde atopamos a Mina de Baldrei), a Serra de San Mamede (con os seus 1.620 metros de altitude, idóneos para o sendeirismo e o montañismo), o mirador dos Penedos da Moura (no cumio dun outeiro que divide os concellos de Maceda e de Esgos, considerado como lugar de interese xeolóxico polo seu valor científico), igrexas, ermidas, pazos, muíños ou o paseo ao carón do río Maceda (tamén coñecido como río Sor) completan o patrimonio natural do Concello de Maceda, converténdoo nun máis que interesante destino turístico para quen procura boa gastronomía, historia e paisaxes únicas.