O Concello de Nogueira de Ramuín organiza este sábado 30 de novembro unha xornada micolóxica. O programa de actividades dará comezo ás 9:15 horas cunha saída ao monte, dende a praza de Luíntra, a buscar exemplares. De seguido haberá unha charla técnica e unha comida-degustación.
O prezo para participar nesta actividade é de 7 euros.
O obxectivo da mesma é que os participantes aprendan a identificar e diferenciar correctamente as setas da man de expertos, para que logo o apliquen nas súas saídas ao monte e eviten riscos. Así mesmo, infórmaselles de como deben realizarse a recolección e o equipamento preciso para poñela en práctica.