Os xóvenes empresarios ourensáns abren camiño en sectores diversos
Catro empresas achégannos as súas proprostas no sector da carpintería, a inmobiliaria, a nutrición e o deporte.
O Neto do Ebanista, El Taller del Bienestar, Somos Vivienda e La Manzana Prohibida son outros catro exemplos de xóvenes empresarios ourensáns que se están abrindo camiño, con moito éxito, en sectores moi distintos. O talento ouresán tamén acadou o mundo da carpintería e as reformas, a inmobiliaria, a nutrición e o deporte.
De Carlos Pereira ao Neto do Ebanista
Cando a un lle poñen un apodo son moitas as veces nas que chega a ser ata descoñecido o nome orixinal, e non sempre que iso pasa o afectado usa o seu sobrenome cargado de orgullo e admiración, pero isto é precisamente o que lle acontece a Carlos Pereira, que el é cada vez menos Carlos e máis O Neto do Ebanista. “Non é unha mera reclamación comercial, é certo que son neto dun ebanista. Neste caso tería que ter pasado o oficio a miña nai pero non quixo e pasou ao neto directamente. É unha responsabilidade moi ben acollida porque no meu caso é o oficio que máis me gusta neste mundo, adícolle incluso moito tempo libre, a traballar, a modernizarme e explorar novos obxectivos”, confesounos. “O avó xa non vive, faleceu fai poquiño, pero deixoume un legado importante. Era unha persoa moi peculiar, estou convencido de que estaba orgulloso, el sempre tratou de motivarme e sacar o mellor de min”. así, cargado de entusiasmo polo seu traballo é como O Neto do Ebanista leva 20 anos no mercado, aprendendo, mellorando e adaptándose ás necesidades do cliente. Deste xeito pasou de realizar carpintería pura e mobles a abarcar todo tipo de traballos de contrución: reformas de viviendas, comunidades, tendas, fábricas...
“Nós tratamos de modernizarnos, andar cos tempos. O cliente esíxenos moito máis que fabricar un moble, esíxenos deseño, pídenos a veces unha reforma da estrutura para poder acondicionar o deseño do moble, polo que tratamos de ir un pouco máis aló no oficio”, explica.
Contan con materiales innovadores para facer reformas máis sinxelas, rápidas e personalizadas, microcemento ou revestimentos porcelánicos. Así, fan un cambio de imaxen nunha vivenda sen que sea engorroso para o cliente.
“É moi importante estar informado das innovacións e materiais novos, todos teñen unhas aplicacións a nivel deseño e acabado que é o que nos demanda a xente. Ë importante saber aplicar eses novos materiais e os avances na maquinaria, hai que estar formado”, insiste Carlos.
No tocante a mobles, dispoñen de fabricación propia, o que lles permite realizar deseños máis personalizados, ademáis de maior flexibilidade e rapidez de construción. “Nós adicamos un tempo importante no deseño, temos programas de deseño específicos para os distintos tipos de traballo, para poder chegar con maior precisión ao que o cliente ten en mente”.
A maiores, O Neto do Ebanista ofrece primeiras marcas de electrodomésticos para particulares e profesionales; con deseños, lacados e acabados propios.
En canto á súa integración en AJE, Carlos non pode estar máis satisfeito. “Estou moi contento co traballo de AJE, danche moita información e noto moi boas sensacións con toda a xente nas reunións, é como se fose unha pequena familia na que nos tratamos de axudar uns a outros”, conclúe.
O neto do Ebanista - A Peroxa
Tel. 988 20 68 56
El Taller, promoción de hábitos saudables na procura do benestar físico e emocional
Fai algo máis de 3 anos botaba andar, en familia, El Taller, un centro de promoción de hábitos de vida saudables para acadar o benestar físico e emocional.
O nome? Si, se cando o leron pensaron no seu coche, non ían desencamiñados.
“Un taller asóciase a un coche cando ten un problema, e creo que resume moi ben a nosa intención para mellorar o corpo a todos os niveis, é moi importante para nós que se disfrute do proceso, non queremos que veñan ao nutricionista ou ao psicólogo como unha obriga, que pensen que merece a pena coidarse porque te atopas mellor”, confesounos Adriana Fernández, unha dos tres creadoros desta empresa ourensá.
Un adestrador persoal, unha psicóloga e unha nutricionista compeñen o equipo completo. “A idea xurdiu no ámbito familiar porque a miña parella é adestrador persoal e un apaixoado cociñeiro, ademais a miña nai é coach persoal polo que ella traballa a parte emocional, e eu son nutricionista. E pensamos en ter un espazo no que traballar o corpo dunha maneira íntegra”, aclarou.
E este traballo fano sempre partindo dunha relación moi humana, próxima e empática co cliente.”Para nós é moi importante traballar de xeito personalizado porque cada persoa ten as súas necesidades. Hai xente que precisa cousas máis específicas, outras son máis independentes e facilitámoslles os recursos e van mellorando ao seu ritmo, pero sempre dun exeito cercano. É moi importante o curriculum técnico pero para nós as habilidade comunicativas e sociais son fundamentais, queremos que a xente se sinta en confianza, non estamos para rifar se non fan as cousas ben, nin para mandar deberes, se unha persoa quere mellorar e atoparse ben adicamos toda a nosa paixón polo traballo en acompañala nese proceso”, confesa Adriana. Para iso ofrecen exercicios dunha hora xunto ao adestrador persoal (que poden realizarse en solitario, en parella ou máximo en grupo de 3 persoas), un par de veces por semana, así como sesións coa psicóloga e a nutricionista.
Pero ademais, ofrecen diversos talleres de cociña para todas as idades. “Nas vacacións
escolares (verán, Nadal e Semana Santa) programamos campamentos de 10:30 a 13:30 horas para nenos, achegándoos a unha cociña saudable, amena e divertida. E tamén temos talleres pola tarde para adultos”, coméntanos. “A comida debe ser un pracer sempre. Ofrecemos unha cociña sinxela, diferente e apetecible para chegar á xente”, remata Adriana.
El Taller - Sáenz Díez, 38 (Ourense)
988 68 62 31
Somos Vivienda, tecnoloxía e asesoramento real no mercado inmobiliario
Para coñecer aos profesionais de Somos Vivienda xa poden esquecer a imaxe típica dunha inmobiliaria con información de numerosos pisos e casas en venda ou alguer cubrindo o seu escaparate. En Somos Vivenda as novas tecnoloxías e a aposta por un asesoramento claro e completo danse a man.
“Gústanos moito o tema da tecnoloxía, estar moi actualizados, a realidade virtual no deseño, cámaras 3D, e somos moi activos en redes sociais para estar conectados coa xente”, explicounos Yonatan Rodríguez, o seu xerente, para que entendamos cal é a base do seu traballo.
En Ourense nos últimos tempos a aposta pola reforma de vivendas é clara. “A día de hoxe a xente busca o bo, bonito e barato. Nos últimos meses, o cliente métese en reformas, buscan pisos céntricos para investir e saber que o valor da vivenda aumentará. Como o prezo da obra nova está algo elevado optan por reformar algo no centro e adaptalo ás súas necesidades”, comenta.
E para todos os que teñan esta idea en mente, Somos Vivienda é a mellor opción, porque poderán contar coa total seguridade e despreocupación. “Wncargámonos de todo: proxecto co arquitecto, licenza de obra, negociación do financiamento co banco,. Facemos un servizo completo, porque ás veces a xente está un pouco perdida e así consegues axudarlles baseándonos nunha relación de confianza”, di Yonatan. E o que é aínda máis importante, todo sobre un orzamento pechado para evitar sustos. “Estamos a traballar cunha construtora para que todos os proxectos que ofrecemos sexan con orzamentos detallados ao milímetro para que non haxa despois ningunha sorpresa, acotar o máximo posible para que o prezo sexa real”, aclara.
Ademais, teñen en marcha unha idea para o sector tan innovadora como útil, preparan unha cooperativa de propietarios. “Como en Ourense non hai obra nova, estamos a facer unha xestora de cooperativa, que é traballar con eses edificios vellos, con eses propietarios que necesitan sacarlles un rendemento e non hai outra opción que a rehabilitación e sobre esa reforma sacar uns prezos de mercado para que a xente poida chegar a eles. E necesitamos a cooperativa para contar con arquitectos, xestión de licenzas, bancos...”, explica.
Por útlimo, aínda que a súa chegada a AJE é recente, alaba o seu labor. “Destaca pola
unidade que hai entre os novos empresarios de Ourense, esas colaboracións, sinerxías e esa axuda a cambio de nada que che ofrece solucións a diario”, di.
Somos Vivienda - Av. Habana, 69 (Ourense)
988 06 02 59
La Manzana Prohibida, combinación perfecta de nutrición e deporte
Tamara Saiz e Santi Castiñeiras levan máis de 12 anos vencellados ao mundo da nutrición, pero dende fai case 3 decidiron abrir un espazo físico e así déronlle forma a La Manzana Prohibida, un centro de nutrición, benestar e deporte, que ofrece asesoramento íntegro nutricional xunto a adestramentos persois.
En canto á elección do nome, Tamara acláranolo: “cando un pensa en facer dieta pensas nunha mazá, e buscabamos unha palabra que unida a ninguén se lle esquecese, e eleximos prohibida”.
No tocante á alimentación, dende La Manzana Prohibida rexeitan as dietas e, pola contra, apostan por fomentar formas de comer saudables que axuden a manter o benestar da persoa a longa prazo. “Case o 80% das persoas que veñen é para controlar o peso. Non cremos nas dietas, cremos en cambiar estilos de vida, porque cando unha persoa vén con sobrepeso, colesterol alto, azucre alto, é que hai algo que non está a facer ben. Por iso, o que facemos é concienciar á xente de que o importante é cambiar os hábitos. Nós ensinamos a comer, a facer ben a compra, porque coas cousas do día a día podes facer unha alimentación bastante saudable e moi rica”, explica Tamara. Pero o primeiro que buscan cando reciben a un cliente e atopar o problema que ten. “Primeiro facemos un estudo, para saber que almorzan, que comen, se van ben ao baño... para localizar a raíz do problema. Logo facemos unha medición biométrica, mide graxa, IMC, idade metabólica; e unido todo empezamos a traballar. Porque non valen 4 horas de ximnasio se a túa alimentación non é adecuada, nin vale que te poñas a dieta se non fas nada de exercicio”, aclara.
E precisamente na parte do exercicio entra Santi. “Damos diferentes clases para axudar á xente cando se propón cambiar os seus hábitos de vida a uns máis saudables. Así fano complementando a dieta cun deporte que se adapte a eles. Cada persoa ten un deporte e buscamos que a persoa pode compatibilizar coa súa vida e os seus gustos.Temos adestramentos de nais con nenos, etc. O que queremos é que se divirtan para que lles sexa máis fácil volver”, coméntanos.
Pero se vostede non cre que sexa tan sinxelo, dende La Manzana Prohibida propóñenlle un reto. “Facemos o reto dos 21 días, nos que se aconsellan diferentes comidas. Para desterrar a idea de que facer dieta significa comer á prancha, peixe, froita e pouca cantidade. En cambio, nós propomos comidas cargadas de sabor, con salsas saudables feitas en casa, para que vexan que se pode comer un peixe ou unha carne con sabor e coidarnos ao mesmo tempo”, explica Santi.
A maiores, ofrecen talleres informativos para complementar todo este traballo e manter a todos os seus clientes informados para acadar o máximo benestar. “Temos unha escola de alimentación que cada semana trata un tema diferente, por exemplo, como interpretar ben a etiquetaxe dun produto, como comer fóra de casa e non morrer no intento... e logo hai outros gratuítos nos que vén unha asesora de roupa íntima para mulleres para explicar o tallaje do sujetador, porque pode dar uns problemas de cervicais; tamén talleres de nutrición, para explicar que é a proteína, onde a podemos conseguir, etc”, remata.
La Manzana Prohibida - Florentino Cuevillas, 6 - oficina 5 e 6 (Ourense)
Tel. 615 108 395