Xuzgados

O xulgado do Carballiño ordena preparar xuizo oral contra Pachi Vázquez

Un auto da xuiza, Victoria Candamo conclúe que hai "indicios racionais" de cando menos cinco presuntos delictos de presunta prevaricación continuada nas contratacións realizadas no Concello do Carballiño

ondacero.es

Ourense |

El secretario general del PSdeG, Pachi Vázquez | EFE (archivo)

Un auto da xuiza do xulgado de instrucción numero 2 do Carballiño, Victoria Candamo conclúe que hai "indicios racionais" de cando menos cinco presuntos delictos de presunta prevaricación continuada nas contratacións realizadas no Concello do Carballiño entre os anos 1999 e 2011 e insta a preparar xuizo oral contra o ex alcalde e ex secretario dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, o seu sucesor na alcaldía, Carlos Montes e tres ex edis. Segundo a xuiza do Carballiño os encausados cando estaban no exercicio dos seus cargos suscribiron ate sesenta contratacións nas que non se atenderon principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade malia que foron advertidos con informes e reparos de secretario e interventora.

Sen embargo a defensa dos socialistas alegou que Pachi Vázquez non dera orden de contratacións e que naquel intre tampouco había no concello unha regulación específica para a selección de persoal laboral temporal, argumentos que se volverán a utilizar nun recurso que xa anunciou o ex alcalde carballiñés. Neste mesmo auto, a xuiza acorda que se arquive o relativo a unha presunta falsedade documental de Carlos Montes.