Comercio

A Xunta activa unha nova edición dos Bonos Comercio

6100 comercios adheridos en toda Galicia

Paco Sarria

Ourense |

A Xunta activa unha nova edición dos Bonos Comercio
A Xunta activa unha nova edición dos Bonos Comercio | onda cero ourense

A Xunta de Galicia puxo en marcha unha nova edición dos Bonos Activa Comercio para a que destiña 2,5 millóns de euros. O propósito da iniciativa é a de incentivar o comercio local.

En apenas dez horas foron descargados 72.000 bonos o que da unha idea do interese espertado pola iniciativa á que están adheridos máis de 6100 comercios de toda Galicia.

Os comercios que queiran adherirse ainda poden facelo ata o 15 de decembro mentres que os usuarios poden facer a descarga directamente na web www.bonosactivacomercio.gal, obtendo un bono de 30 euros para compras en comercios vencellados.

Os bonos teñen formato dixital QR e as compras iguaus ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros terán un desconto de 5 euros. Esa rebaixa será de 10 euros para compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 e a partires desa cantidade o desconto a aplicar será de 15 euros.