Comercio

Xunta, Concello de Ourense e praceiros asinan acordo para a praza de abastos

A Xunta consignou 1 millón de euros nos orzamentos do 2025

Paco Sarria

Ourense |

Xunta, Concello de Ourense e praceiros asinan acordo para a praza de abastos
Xunta, Concello de Ourense e praceiros asinan acordo para a praza de abastos | onda cero ourense

A Xunta de Galicia, o Concello de Ourense e a Compañía Mercantil de Comerciantes Asociados do Mercado de Abastos número 1 asinaron o protocolo de colaboración para o traslado dos comerciantes ó edificio reformado.

Xunta e Concello acordaron unha co-financiación de 2 millóns de euros para as obras de adecuación que sexan consensuadas. Do total, 800 mil euros serán destiñados ás obras do plan funcional definitivo.

A administración autonómica asumirá en exclusiva obras clave como o montacargas ou, chegado o momento, a pasarela peonil.